Presentación

Pincha na imaxe para agrandar

A Asociación Fogo Fatuo nace no ano 2008 cando se xuntan dúas agrupacións da vila pertencentes a outras entidades para formar unha asociación que ademais de recuperar a cultura tradicional oferte actividades de lecer e socioculturais en Rianxo.
Actualmente en Fogo Fatuo impártense clases de baile tradicional, pandeireta, gaita, canto,tamboril e bombo e a súa escola está composta por difrentes agrupamentos nas diferentes disciplinas de nen@s e adult@s de entre 3 a 65 anos de idade.
Nestes derradeiros anos a asociación foi máis aló e levou a cabo un proxecto de recompilación de cancións e bailes de Rianxo presentando dous proxectos; o primeiro deles foi a publicación dun LIBRO -CD homenaxe a un gaiteiro senlleiro de Rianxo, Ramón Carou Romero e ao seu grupo “Aires da nosa terra”.
Ademais paralelamente a este proxecto levouse a cabo a representación dunha Voda acontecida en Rianxo aló polo 1908 con bailes, cancións, regueifas…
Actualmente a asociación está investigando a prol dos bailes e cancións de Rianxo para levar a cabo outros proxectos e recuperar o noso patrimonio cultural.
A asociación leva a cabo diferentes actividades de lecer e culturais en Rianxo tales coma os festivais de nadal e de verán e o Serán do Patrocinio no campo de San Xosé en Rianxiño.

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Scroll Up